Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Un 70% dos accidentes forestais son provocados "directa ou indirectamente" polo uso de motoserras.

06-07-2012 - Seguridade

O II Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2012, organizado pola Feira Internacional de Galicia no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acolleu unha xornada de formación centrada na seguridade no manexo de maquinaria forestal, na que se constatou a elevada sinistralidade vinculada co uso da motosierra.

Vicente Manso Fuentefría, responsable da empresa Adestramento e Formación Forestal (Entrefor), entidade que levou a cabo esta xornada, explicou que un 75% dos accidentes forestais son provocados "directa ou indirectamente" por motosierras. Así mesmo, destacou que o 50% dos accidentes mortais no monte prodúcense durante a tala, "punto crítico" do aproveitamento forestal.

 

Por este motivo, este enxeñeiro agrónomo e técnico en prevención de riscos laborais, considera "moi importante" que as persoas que traballen con maquinaria forestal manual reciban unha formación axeitada respecto ao seu uso, para rebaixar estas cifras. Neste sentido, durante a xornada impartida en Galiforest 2012, abordou cos asistentes sobre o emprego da motosierra, a rozadora e o tráctel (ferramenta para variar a caída das árbores).

 

Da motoserra, destacou o emprego do equipo de protección individual (EPI), a importancia do freo de cadea, complementado nas versións de última xeración cun terceiro freo (de man dereita), e as técnicas de traballo adecuadas.

 

En canto á rozadora, ao aplicado á motosierra agregou que é fundamental a protección ocular e a distancia de seguridade entre traballadores; e no referido ao tráctel sumou, ademais, a necesidade de coordinación entre traballadores para evitar sinistros.

 

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS