Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Un 43% dos médicos/as afirman ter sufrido algún tipo de acoso, discriminación ou maltrato no seu centro de traballo no último ano.

08-03-2017 - Psicosocial

Estos datos extráense do “Estudo sobre a situación laboral dos Médicos en España” promovido polas Vocalías Nacionais de Médicos en Empleo Precario e de Formación e/ou Postgrado da Organización Médica Colexial (OMC). En relación ao acoso laboral, a enquisa revela que o sufren máis casos as mulleres, 46,6%, fronte ao 41,3% dos rexistrados entre os homes. Entre os agravios descritos están: os prexuízos relativos á carga laboral; en relación ao horario de traballo; veto para poder prosperar na traxectoria profesional; privación dunha parte da actividade profesional; ridiculización ou minusvaloración ante outros membros do servizo ou ante pacientes; insultos graves ou vexacións; exclusión inmotivada e prolongada de todas as actividades do servizo; comentarios despectivos discriminatorios sobre orixe racial ou étnica; solicitude de favores de natureza sexual, entre outros.

Por idades, o 51,2% dos profesionais enquisados do grupo comprendido entre os 31-40 anos refire sufrir algún tipo de acoso, discriminación e malos tratos no seu centro de traballo no último ano.

En relación á procedencia do acoso, discriminación e malos tratos no entorno laboral, o 40,5% dos profesionais médicos enquisados afirma que os feitos foron realizados por superiores xerárquicos, mentres que os realizados por compañeiros foron dun 13,4%.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS