Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Trucos para non perder a voz

13-05-2014 - Saúde laboral

Son moitas as profesións nas que os traballadores teñen a voz como ferramenta de traballo; profesores, locutores, teleoperadores, comerciais, azafatas, asesores, camareiros, servizo de atención ao público, guías turísticos, sindicalistas (imaxinade unha asemblea) e un longo etcétera. Chegouse a calcular que a porcentaxe de traballadores que dependen da súa voz pode alcanzar até un terzo da poboación laboral total dun país.

Expoñemos aquí algúns trucos que poden axudar a coidar a túa voz:

1. Evita o tres inimigos. O ruído ambiental (non tentes competir con el, perderás sempre), o tabaco (máis de cinco pitillos ao día provocan cambios na mucosa que protexe as cordas vocais) e o alcol son un triunvirato capaz de acabar coa mellor voz.

2. Non te forces. Cada persoa ten unha capacidade de resistencia á fala distinta. Se excedes os teus límites, quedarás afónica ou afónico. Ten en conta que só podes falar unhas catro horas ao día e que non deberías facelo esgotando todo o aire dos pulmóns nin elevando o ton de voz. Como saber se te estás forzando? Fácil, ao falar, faltarache o alento.

3. Bebe. As cordas vocais necesitan estar ben lubricadas para poder vibrar de forma eficiente. A mellor lubricación lógrase bebendo de 1,5 a 2 litros de auga diarios. Outro factor que afecta ao seu bo estado é permanecer nun ambiente seco (o aire acondicionado é o seu peor inimigo) e a inxesta dalgúns medicamentos, como os antihistamínicos, os antidepresivos e algúns antihipertensivos.

4. Non carraspees. A maneira máis segura e eficiente de aclarar a garganta non é nin moito menos porse a tusir, senón respirar profundamente, mantendo a respiración por un momento, e producindo un "A" silencioso e forzado mentres se exhala o aire.

5. Desestrésate. Durmir menos de seis horas predispón ás lesións. Os berros poden producir danos como hemorraxias ou traumatismos que acaben en nódulos. E a tensión psicolóxica aumenta a contracción das cordas. Conclusión: reláxate.

As desordes das cordas vocais son a miúdo causados polo abuso ou mal uso das cordas vocais. Algúns dos síntomas das alteracións da voz correspóndense con: cambios no ton, ronquera, falta de intensidade, tose, escozor, quemazón, tensión ou esforzo excesivo, falta de aire ao falar dor na zona faringo-traqueal, fatiga da voz que se agrava despois de forzar as cordas vocais e apréciase con carraspeo, picor, etc.

Fonte: preventionworld.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS