Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Sentenza histórica contra un empresario suízo pola morte de miles de persoas polo amianto das súas fábricas en Italia

10-06-2013 - AMIANTO

Un empresario suízo foi condenado a 18 anos de cárcere pola morte de tres mil persoas vítimas das súas fábricas de amianto no país transalpino.

S.S., de 65 anos, recorrera unha primeira sentenza de 16 anos, e o Tribunal de Apelación de Turín decidiu aumentala.

Foi declarado culpable de catástrofe sanitaria e ambiental intencionada e de incumprimento das normas de seguridade.

O expropietario, xulgado en rebeldía, deberá pagar tamén millóns de euros de indemnización ás numerosas partes civís denunciantes.
Eternit quebrou en 1986, seis anos antes da prohibición do amianto en Italia.

Os avogados do acusado anunciaron que presentarán un recurso ante o Tribunal de Casación de Roma.

Este é o proceso xudicial máis importante que houbo nunca no mundo relacionado co amianto, un mineral altamente canceríxeno empregado sobre todo en materiais de construción.

 

es.euronews.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS