Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Sentenza de conformidade no caso dos traballadores/as falecidos no accidente de Navantia do ano 2005

30-04-2013 - Seguridade

Os feitos que onte se viron no Xulgado do Penal 2 de Ferrol ocorreron o día 11 de maio de 2005 nun tanque do buque Roald Amundsen que se estaba a construir no estaleiro ferrolán de Navantia para a Armada norueguesa. Dous traballadores e unha traballadora da compañía auxiliar Mainfer perderon a vida por asfixia como consecuencia da inhalación de gases e a ausencia de osíxeno, do mesmo xeito que o operario da tamén auxiliar Tecnymo que baixou ao tanque para prestarlles axuda.

Tras máis de dúas horas de negociación entre a Fiscalía e os 15 avogados que representaban ás partes acudidas na causa polos catro traballadores/as que morreron nun accidente laboral en Navantia en maio de 2005,  o asunto saldouse cunha sentenza de conformidade.

Na sentenza pactada onte establécense penas que van dende nove meses de prisión e inhabilitación especial para o exercicio de funcións a sancións económicas para unha parte dos imputados.

Responsabilidade civil

Na sentenza establécese, así mesmo, que as aseguradoras Mapfre Global Risk, HDI Internacional e Zúric, como responsables civís directas, e Navantia-Ferrol, Montaxes Nervión e Mainfer, con carácter subsidiario, terán que indemnizar ás familias do catro falecidos coa suma global de 1,5 millóns de euros.

 

Fonte: Diario de Ferrol

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS