Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Sanción a unha empresa por exposición dos traballadores/as a productos canceríxenos

23-11-2017 - Saúde Laboral

A multa de 150.000 euros foi imposta pola Inspección de Traballo da Seguridade Social á unha empresa concesionaria sanitaria por non adoptar medidas de prevención no uso e manipulación de produtos cancerígenos no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital de Elxe. A ITSS considera que se trata dunha infracción moi grave pola “falta de dilixencia” da empresa que expuxo perigosamente a 35 traballadores/as a produtos perigosos sen as medidas de protección estipuladas na normativa de seguridade laboral.

Segundo a denuncia, a falta de equipos de protección para o persoal do Servizo de Anatomía Patolóxica do hospital de Elxe e os elevados niveis de formol no aire produciron un risco “obxectivo” que “dadas as específicas condicións de traballo no servizo, extremo este indiscutido, en tanto que no mesmo se manipulan e empregan substancias cualificadas como canceríxenas, sen a adopción, nos termos sinalados, das medidas oportunas para evitar o risco na exposición de tales substancias”. As diferentes medicións sobre niveis de formol neste departamento hospitalario, que recolle e procesa as mostras de biopsias de toda a área sanitaria, detectaron niveis de concentración excesivos no aire; a empresa tampouco traballou na adopción de medidas de protección colectiva ("campás de seguridade", evacuación de axentes canceríxenos) tal e como lle recomendou o servizo de prevención alleo que tiña contratado. O expediente conclúe que a empresa concesionaria “non actuou coa dilixencia debida na adopción de medidas preventivas para evitar a exposición dos traballadores ao formol ou polo menos para reducir a exposición por debaixo dos límites”.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS