Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Só un de cada cinco traballadores autónomos cotiza por accidente laboral

08-10-2012 - ACCIDENTE LABORAL

Dende que se estableceu a posibilidade de que os traballadores autónomos poidan pagar voluntariamente para cubrir as continxencias profesionais (accidentes de traballo e enfermidades profesionais) así como pola cobertura en caso de cesamento de actividade, fórmula equivalente ao desemprego entre os asalariados, 651.369 autónomos o fan en todo o Estado, o que supón unicamente o 21,31% do colectivo que cotiza regularmente a Seguridade Social, segundo a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA)

 

O maior número concéntrase en Andalucía, 129.270, pero en termos proporcionais a comunidade con máis cobertura é Canarias, o 28,91%.

As causas débense ao baixo nivel de información que os autónomos teñen» sobre esta posibilidade e tamén polas dificultades para acceder ás coberturas en caso de necesidade, xa que a proba da existencia do accidente de traballo ou cesamento de actividade nos autónomos é moito máis complexa que para os asalariados, afirma o secretario xeral de UPTA, Sebastián Reyna.

Esta organización recorda que, a partir do 1 de xaneiro de 2013, a cotización por estas prestacións pasará a ser obrigatoria para as novas altas, polo que o número de cotizantes poderá superar o millón a finais dese ano.

 

Fonte: europapress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS