Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Só o 3% das baixas laborais de 2013 foron de traballadores/as autónomos/as

21-11-2014 - Accidente laboral

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o 18 por cento das persoas ocupadas (que traballan e cotizan) no Estado español son autónomas. Das máis de 3 millóns de empresas que hai no Estado, máis do 90 por cento eran autónomos ou microempresas. Sen dúbida, este colectivo supón un peso máis que específico no conxunto da economía produtiva; entre as particularidades preventivas deste colectivo hai que destacar que é un profesional comunmente subcontratado e que a cobertura por accidente de traballo e enfermidade profesional é voluntaria, polo que moitos empresarios/as prescinden da mesma con obxecto de rebaixar custos; desta forma é habitual que se un autónomo/a ten un accidente, non se adoite dar de baixa.


Os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social amosan que ao autónomo/a cústalle moito coller unha baixa. Dos 468.023 profesionais que solicitaron o parte de baixa, só 13.366 eran traballadores/as por conta propia. A maioría dos autónomos/as sofre o accidente no lugar de traballo, en concreto o 78,1%; o 15,1% padéceo no desprazamento; o 6,1% noutro centro, mentres que o 0,5% acaba causando baixa por un contratempo ao ir ou volver do traballo.


Hai máis posibilidades de que os autónomos/as sufran un accidente laboral grave. A distribución difire bastante se comparamos os datos coas cifras totais dos contratempos no traballo. Os accidentes graves representan o 0,8% do total, mentres que se elevan até o 2,6% no caso dos traballadores/as por conta propia. Se nos centramos no capítulo de sexo, o 81,7% dos contratempos laborais que ocorren entre autónomos/as teñen como vítima aos homes (10.864), mentres que o 18,3% padéceno as mulleres (2.429). Algo máis dunha cuarta parte destes accidentes afectan os traballadores/as autónomos/as do sector da agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (28,5%), seguido de preto polos da construción (22,5%). A terceira posición vai parar para os do comercio por xunto e polo miúdo, reparación de vehículos de motor, etc, cun 13,5%, mentres que a cuarta praza é para aqueles que se adican á industria manufacturera.

Estes accidentes no posto de traballo nos traballadores/as autónomos/as débense basicamente (29%) aos sobresforzos e os golpes resultado dunha caída (21,8%). Tamén son bastante comúns os golpes a consecuencia dun tropezo ou choque contra un elemento inmovil (8,6%) e o contacto cun axente material cortante, como pode ser unha folla ou coitelo (6,2%).

No momento previo ao accidente a actividade física que realizan con máis frecuencia os traballadores/as por conta propia é correr, subir, baixar ou andar. Isto reflíctese no 22,4% das ocasións. As actividades manuais como agarrar, coller ou asi, supoñen o 17,3% dos contratempos, mentres que traballar con ferramentas manuais sen motor acaban representando o 12,2% das baixas.

Fonte: cincodias.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS