Riscos no mantemento de aeroxeradores28-07-2015 - SeguridadeRecentemente no marco do Congreso da American Society Engineers, especialistas en seguridade trataron os riscos aos que están expostos os traballadores/as que se encergan do mantemento de aeroxeradores. Riscos que se teñen incrementado nos últimos tempos a medida que os equipos se fan máis grandes e numerosos. | ![]() |
|---|
Moitos dos riscos son comúns a outros postos de traballo, caídas, espazos confinados, risco de incendio, risco eléctrico, etc, coa salvidade de que neste caso os traballadores/as están realizando as tarefas a moitos metros do chan, o que dificulta as tarefas de descenso ou rescate.
A industria dos aeroxeradores experimentou un importante crecemento nos últimos tempos, tanto na súa expansión territorial como no tramaño dos aeroxeradores, que hoxe son un 50% máis altos e teñen un rotor cun 96% máis de diámetro que hai 15 anos.
Como recomendacións para un traballo seguro se indicaron:
Para obter máis información sobre prevención de riscos laborais no sector eólico, podes seguir a ligazón á publicación editada pola Fed. do Metal da CIG Guía de prevención de riscos laborais no sector da enerxía eólica