Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Riscos nas tarefas para realizar sobre vehículos con motor eléctrico, derivados da incorporación de baterías de tracción de ión litio, e medidas preventivas para combatelos

23-01-2024 - INVASSAT

O presente documento aborda, para a manipulación de vehículos eléctricos que incorporan baterías de tracción de ión litio de alta capacidade, os principais riscos aos que poden verse expostas as persoas traballadoras que realizan tarefas de reparación, retirada ou outras, sobre estes vehículos. Os principais riscos (sen prexuízo de que poidan coexistir con outros) contemplados son, o risco eléctrico, o risco de incendio e explosión e o risco químico debidos ás propias características eléctricas e químicas deste tipo de baterías.

Así mesmo, para cada un dos riscos anteriores propóñense, sen ánimo de exhaustividad e con carácter xeral, unha serie de medidas preventivas e de protección que pretenden ser simplemente unha guía a modo de referencia de actuación que, para cada caso particular deben ser adoptadas pola empresa, co asesoramento da súa modalidade preventiva adoptada (servizo de prevención) e previa preceptiva avaliación de riscos.

Ligazón ao Apunte Técnico Riscos nas tarefas para realizar sobre vehículos con motor eléctrico, derivados da incorporación de baterías de tracción de ión litio, e medidas preventivas para combatelo. INVASST 2023

Ligazón ao Apunte Técnico Riscos en les tasques que cal realitzar sobre vehicles amb motor elèctric, derivats de la incorporació de bateries de tracció d’ió liti, i mesures preventives per a combatre’l. INVASST 2023

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS