Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Riscos laborais no mantemento de automóviles

19-05-2016 - Saúde laboral

Un grupo de profesores/as do departamento de Economía e Administración de Empresas da Universidade de Málaga publicaron no International Journal of Industrial Ergonomics un estudo denominado Valoración dos riscos comparativos derivados das actividades de mantemento de automóbiles: híbridos, batería eléctrica, e coches de célula de combustíble de hidróxeno.

Un dos autores do estudo indica que "o rápido desenvolvemento das tecnoloxías produciu novos riscos de saúde e de seguridade como resultado da utilización de novos equipos, xa que non son moitos os expertos familiarizados coa fabricación e a reparación destes vehículos".

A metodoloxía seguida na investigación incluiu a comparación de protocolos de mantemento das tecnoloxías analizadas: híbrida, batería eléctrica ou pila de hidróxeno; os riscos foron calculados para cada actividade de mantemento (identificada previamente por un grupo de expertos do sector do automóbil especializados en seguridade e saúde laboral).

Un dos factores de maior risco dos analizados é o relativo ás soldaduras. "É necesario requirir diferentes habilidades e cualificación aos traballadores, e que unicamente os profesionais autorizados co adestramento adecuado poidan expoñerse a un tipo de mantemento perigoso", sinala o investigador.
Outros focos importantes de risco son a manipulación do cableado de alta voltaxe, a carga e descarga dos condensadores de alto nivel e a montaxe de motores, así como o contacto con amianto "aínda permitido en determinados países" como a actividade máis perigosa relacionada co mantemento de vehículos. A pesares da aparición de novos riscos asociados aos vehículos eléctricos, as tarefas de mantemento en vehículos tradicionais manteñen os maiores niveis de perigo, segundo este estudo.

Os resultados da investigación indican que é necesario acometer o deseño de protocolos específicos para cada risco que protexan ao traballador/a, así como dotar de formación especializada aos mecánicos (un gran número de profesionais adquiriron as súas habilidades mediante a práctica, sin formación previa sobre estas tecnoloxías); estas medidas deben constituírse como prioritarias á hora de fomentar espazos de traballo seguros.



Comparative risk assessment of vehicle maintenance activities: Hybrid, battery electric, and hydrogen fuel cell cars”, International Journal of Industrial Ergonomics

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS