Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Riscos derivados da exposición a nanomateriais no sector téxtil

17-03-2021 - INSST

Este documento describe as características do sector e incorpora exemplos cuantitativos de valoración das exposicións a nanomateriais en distintos escenarios. Descríbense ademais algunhas das medidas de prevención e control que se poden implantar co fin de reducir as exposicións e protexer a saúde da poboación traballadora do téxtil.

As extraordinarias propiedades químicas e físicas que presentan os nanomateriais (materiais que conteñen partículas con algunha das súas dimensións entre 1 nm e 100 nm) están a dar lugar a un incremento das súas aplicacións en distintos sectores e actividades económicas, ao achegar novas características de funcionalidade e mellorar a calidade dos produtos empregados.

Os produtos do sector téxtil atópanse entre eles. O uso de nanomateriais nos tecidos pode mellorar as propiedades actuais e a eficiencia dos materiais téxtiles (por exemplo, mellora da resistencia ao racho e ao desgaste, propiedades hidrófilas ou hidrófobas, propiedades illantes e resistencia ás chamas) ou tamén poden introducir funcionalidades innovadoras, non dispoñibles ata o momento nos téxtiles convencionais como son propiedades antimicrobianas, autolimpieza e protección fronte a raios UV entre outras.

A industria téxtil constitúe un sector heteroxéneo e diverso que comprende un amplo número de actividades produtivas, desde a produción das fibras ata a elaboración da peza de vestir ou artigo téxtil final que chega ao consumidor. Nos últimos anos as empresas do sector adoptaron modificacións tecnolóxicas e organizativas que lles permitiron manter a competitividade, para o que desenvolveron o que denominan “téxtiles técnicos”. Algúns destes téxtiles poden incorporar nanomateriais, xa sexa nalgún dos procesos de fabricación ou tamén no proceso de acabado.

A introdución de nanomateriais durante o proceso de fabricación téxtil podería supoñer un risco potencial para os traballadores e traballadoras do devandito sector.

Ligazón ao documento divulgativo do INSST: “Riscos derivados da exposición a nanomateriais no sector téxtil”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS