Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde nos sectores dos téxtiles, o vestido, o coiro e o calzado

28-06-2022 - OIT

A finalidade do presente repertorio é proporcionar orientacións prácticas para que sexan utilizadas por todas aquelas persoas, tanto do sector público como do privado, que teñan obrigacións, responsabilidades, deberes e dereitos en materia de seguridade e saúde nos sectores dos téxtiles, o vestido, o coiro e o calzado.

No capítulo 1 preséntase unha visión xeral da finalidade, os obxectivos e o ámbito de aplicación do repertorio.

No capítulo 2 recóllense as obrigacións, responsabilidades, deberes e dereitos xerais dos Gobernos, as organizacións de empregadores/as e de traballadores/as e demais partes interesadas.

Nos capítulos 3 a 5 sinálanse os principios xerais, en particular polo que respecta aos sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo (SST), a xestión do cambio, a declaración, o rexistro e a notificación de lesións, enfermidades, doenzas e sucesos perigosos relacionados co traballo, así como a organización da seguridade e saúde.

O capítulo 6 ten por obxecto a seguridade dos edificios e a prevención de incendios. No capítulo 7 preséntanse outras medidas xerais de prevención e protección.

Os capítulos 8 a 11 ofrecen descricións detalladas de como controlar os riscos biolóxicos, as substancias perigosas, os riscos ergonómicos e os riscos físicos, mentres que o capítulo 12 refírese aos requisitos en materia de seguridade para as ferramentas, as máquinas e o equipo.

O capítulo 13 trata sobre a seguridade do transporte no lugar de traballo.

No capítulo 14 abórdase a competencia profesional e a formación do persoal de dirección, os traballadores/as e os contratistas, en tanto que o capítulo 15 contén orientacións relativas ao equipo de protección persoal.

O capítulo 16 recolle unha serie de medidas de protección especial e o capítulo 17 refírese ao benestar dos traballadores e traballadoras dos sectores abarcados.

Por último, no capítulo 18 abórdase a xestión de residuos e emisións.

Ligazón ao Repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde nos sectores dos téxtiles, o vestido, o coiro e o calzado

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS