Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde na construción

15-03-2023 - OIT

Este repertorio de recomendacións prácticas revisado, -que substitúe a un repertorio anterior que foi adoptado en 1992 e considerado obsoleto á luz dos cambios producidos nos últimos decenios nas prácticas e condicións laborais no sector da construción- ten en conta novos ámbitos no sector que requiren prácticas melloradas en materia de seguridade e saúde e outras medidas de protección. A finalidade do presente repertorio é dar orientacións útiles para que sexan utilizadas por todas aquelas persoas, tanto do sector público como do sector privado, que teñan obrigacións, responsabilidades, deberes e dereitos en materia de seguridade e saúde na construción

Este repertorio debería contribuír a mellorar a seguridade e saúde no sector da construción, no contexto do desenvolvemento sostible, mediante:

 O presente repertorio tamén contén información práctica complementaria e pautas para o cumprimento das disposicións do Convenio sobre seguridade e saúde na construción, 1988 (núm. 167), e para a aplicación da Recomendación sobre seguridade e saúde na construción, 1988 (núm. 175). Así mesmo, deberíase ter en conta o disposto noutros instrumentos pertinentes da OIT, incluídos convenios, protocolos, recomendacións, repertorios de recomendacións prácticas e directrices. A bibliografía que figura ao final do repertorio contén unha lista destes instrumentos.

Ligazón ao Repertorio de recomendacións prácticas da OIT "Seguridade e saúde na construción"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS