Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Renfe condenada a pagar 480.000 euros á familia dun falecido por amianto

20-11-2015 - AMIANTO

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) ratificou a condena a Compagnie Internationale deas Wagon List e a Renfe do Xulgado o Social Número 1 de San Sebastián, e deberán abonar un total de 476.451,72 euros, á viúva e filla dun traballador falecido por mesotelioma pleural.

Wagons Lists actuaba como contrata de Renfe nos labores de reparación dos vagóns forrados de amianto.

O afectado, que traballou como fontaneiro en tarefas de reparación e mantemento dos coches cama e vagóns da compañía ferroviaria na estación de Irún dende 1982 ata 1994, perdeu a vida con 55 anos en 2013, despois de que o INSS lle recoñecese a incapacidade absoluta derivada de enfermidade profesional.

A Asociación de Vítimas do Amianto de Euskadi mostrou a súa "satisfacción" pola sentenza do TSJPV que "deixa unha vez máis ao descuberto, as infraccións preventivas das empresas respecto da obrigación das empresas, fronte ao risco das sustancias canceríxenas nos postos de traballo".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS