Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Recoñeceránse como enfermidades profesionais as doenzas específicas das camareiras de piso

22-05-2018 - EEPP

Incluiranse dentro do Cadro de Enfermidades Profesionais algunhas das doenzas que padecen as camareiras de pisos de hotel que ata o de agora non viñan tratándose axeitadamente, en concreto a síndrome de túnel carpiano, bursite e epicondilite.

Está previsto que estas doenzas se enmarquen no cadro de enfermidades profesionais mediante resolución da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, a fin de que resulte de inmediata aplicación, sen prexuízo da tramitación administrativa posterior para a modificación formal do cadro.

Queda pendente a creación dun grupo de traballo específico que estudie a inclusión doutras patoloxías dorso lumbares non recoñecidas no cadro de enfermidades profesionais, así como a contractura de Dupuytren.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS