Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Recoñecen como accidente laboral o accidente de tráfico sufrido por unha mariscadora cando se deprazaba da praia a lonxa

20-07-2015 - sentenza

O Xulgado do Social número 3 de Pontevedra asina unha sentenza na que se recoñece a unha mariscadora de a pe o dereito a ser indemnizada polo Instituto Social da Mariña por un accidente de tráfico acaecido en novembro de 2014, cando se desprazaba nun furgón no que levaba o marisco, da praia á lonxa.

A consecuencia das feridas sufridas, a traballadora estivo tres meses de baixa; o Instituto Social da Mariña non recoñeceu o accidente como laboral, polo que non se fixo cargo da baixa, por considerar que se trataba nun accidente in itínere, que non se considera accidente laboral no caso do réxime especial, que engloba aos traballadores/as do mar.

Esta sentenza crea precedente na equiparación dos dereitos laborais dos traballadores do mar cos do réxime xeral da Seguridade Social. Ata o de agora, se negaba o recoñecemento de accidente laboral nos casos de accidente de tráfico nos desprazamentos da praia ata a confraría ou a lonxa, así como cando realizaban tarefas de sembra, vixilancia e limpeza dos bancos marisqueiros.

O Xuíz do caso fai referencia a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña na que se di que "si calquera traballador, por conta propia ou allea, por consecuencia da súa actividade profesional precisa realizar un desprazamento e durante o mesmo sufre un accidente, non cabe dúbida que o mesmo merecerá a calificación de continxencia profesional" e ditamina que "é evidente que o traslado do marisco á lonxa é complementario a súa extración e preciso para o fin último da actividade, que é a venda para o consumo". Así, declara o proceso de incapacidade temporal e condea ao Instituto Social da Mariña ao abono das prestacións correspondentes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS