Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Recoñecen a un suboficial morte en acto de servizo por exposición a amianto

29-11-2013 - AMIANTO

O Ministerio de Defensa recoñeceu que o subtenente da Armada faleceu en acto de servizo, o que permite á familia reclamar as indemnizacións ou recarga de pensións que leva consigo.

O suboficial estivera embarcado en diferentes buques da Mariña, parte deles dos que EUA cedeu a España tras a firma dos acordos de amizade dos anos 50.

Moitas destas unidades, excedentes das forzas aliadas da II Guerra Mundial, tiñan as súas caldeiras e conducións de calor cubertas con capas de amianto, como material illante térmico.

O suboficial, que estaba destinado en máquinas, mantivo contacto con este material, altamente canceríxeno. Unha vez xubilado diagnosticóuselle mesotelioma, un tipo de cancro relacionado coa exposición a amianto.

O informe do almirante xefe de Apoio Loxístico da Armada indica que «non» existe constancia documental sobre a utilización de amianto como illante nos buques» nos que estivo destinado o suboficial. Non obstante engade: «Aínda que nas novas construcións non se emprega amianto, pódese afirmar sen ningunha dúbida que se utilizaba como illante termico nas instalacións propulsoras dos buques [...] Es razoable asegurar que durante a realización de mantemento e obras nas que se manipulasen estes illantes, se puidese producir unha exposición que se podería cualificar de esporádica, aínda que dependendo da calidade do forrado dos asbestos puidese chegar a ser frecuente».

 

lavozde galicia.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS