Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Protocolo para a vixilancia sanitaria específica do adenocarcinoma de fosas nasais e senos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira

20-11-2019 - SAÚDE LABORAL

O longo período de latencia para o desenvolvemento do adenocarcinoma e a maior supervivencia dos afectados tratados nos estadios precoces da enfermidade fan necesario expor pautas sobre as probas e exploracións médicas aplicables á detección precoz do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasales en persoas traballadoras expostas ao po de madeira. O obxectivo deste protocolo é a detección precoz do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasales en persoas traballadoras expostas ao po de madeira.

Para valorar estas cuestións e emitir recomendacións baseadas na evidencia dispoñible elaborouse unha Guía para a vixilancia sanitaria do  adenocarcinoma de fosas nasais e seos  paranasales en persoas traballadoras expostas a po de madeira. Esta Guía serviu de base para a elaboración do Protocolo.

Ligazón ao Protocolo para a vixilancia sanitaria específica do adenocarcinoma de fosas nasais e senos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira

Ligazón á Guía para a vixilancia sanitaria do  adenocarcinoma de fosas nasais e senos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS