Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Protocolo de vixilancia sanitaria específica: silicose. OSALAN

29-07-2021 - OSALAN

Osalan pon a disposición o "Protocolo de vixilancia sanitaria específica: silicose" no que se inclúen criterios de actuación para actividades non encadradas no ámbito das industrias extractivas, nas que os efectos da exposición á sílice cristalina tamén se fixeron patentes. A silicose continúa sendo na actualidade unha enfermidade de elevada incidencia e prevalencia, da que non se dispón de datos epidemiolóxicos que permitan establecer a súa auténtica dimensión, polo que o seu estudo constitúe un reto para todas as partes implicadas na saúde laboral.

A elaboración de este protocolo foi coordinada por o Instituto Nacional de Silicose e contou coa participación da sección de pneumoloxía ocupacional do Hospital Universitario Central de Asturias, da Consellería de Sanidade do Principado de Asturias, de Osalan-Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laborais, e de membros da Sociedade Vasca de Medicina do Traballo.

Ligazón ao Protocolo de vixilancia sanitaria específica. Silicose

Ligazón ao "Osasuna zaintzeko berariazko protokoloa. Silikosia"
 


 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS