Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Proposta para restrinxir as substancias perigosas en tintas de tatuaxe e maquillaxe permanente

18-01-2018 - Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA

A proposta da Comisión Europea a Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA), xunto ás autoridades competentes de Dinamarca, Italia y Noruega, ven de avaliar os riscos relacionados coas substancias químicas asociados coas tintas empregadas en tatuaxes e maquillaxe permanente, a necesidade de acción en toda a Unión e os impactos socioeconómicos relevantes.

O obxectivo da proposta é regular as substancias perigosas presentes nas tintas de tatuaxe para que sexan seguras para as persoas. A proposta suxire restrinxir o uso intencional ou o límite de concentración de aproximadamente 4.000 substancias cando están contidas en tintas de tatuaxe. Aparecen incluídas substancias xa prohibidas en produtos cosméticos ou suxeitas a certas clasificacións harmonizadas, como carcinóxenos ou sensibilizadores da pel. A proposta ten en conta impactos socioeconómicos na industria e as persoas que se fan tatuaxes. A ECHA ten previsto realizar nun prazo breve unha consulta pública durante seis meses sobre a restrición proposta, de xeito que os interesados e o público en xeral poidan formular comentarios  sobre a mesma e sobre os seus impactos. Espérase que os Comités de Avaliación de Riscos e Análises Socioeconómico de ECHA emitan unha opinión experta sobre a proposta a finais de 2018, ao que seguirá un proxecto de decisión da Comisión Europea sobre este tema.
Achegamos ligazóns á proposta de restrición elaborada pola ECHA.
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS