Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

"Promoción da saúde no sector do transporte"

17-10-2012 - SEGURIDADE

No sector do transporte é maioritaria a presenza de varóns (concretamente, un 83%). Os transportistas vense expostos a situacións nas que deben permanecer sentados, ou adoptar posturas extenuantes ou dolorosas, durante períodos de tempo prolongados, así como a xornadas de traballo atípicas (quendas de noite e madrugada, en fins de semana, ou de máis de 10 horas diarias).

Como era de esperar, a clasificación deste sector no apartado do equilibrio entre vida laboral e persoal é pouco favorable.

Ademais, os condutores dispoñen de escasas oportunidades para levar unha alimentación saudable, e tomar un descanso para facer exercicio cando se encontran en ruta.

Os problemas de saúde máis habituais comunicados polos condutores son a lumbalxia, o sobrepeso, os trastornos cardiovasculares e respiratorios, e o estrés relacionado co traballo.

Determinouse que tales problemas están vinculados a factores relativos ao ámbito laboral (como unha organización do traballo deficiente) e as condicións de actividade (tarefas estáticas), así como a factores de risco individuais (como a falta de exercicio, unha dieta pouco saudable, o consumo abusivo de alcohol, o tabaquismo, a idade e as enfermidades preexistentes).

Dende este enlace pódese accder á folla informativa de EU-OSHA sobre a promoción da saúde no sector do transporte, L-fact 47.

Ler a publicación

Para acceder a máis recusos sobre a promoción da saúde no sector do transporte, visite as seguintes seccións da web da Axencia Europea para a seguridade e a saúde no traballo:

Fomento da saúde no traballo

Sector do transporte por estrada

Sector do transporte

 

Fonte: Axencia Europea para a seguridade e a saúde no traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS