Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Prevención de riscos na viña

29-09-2025 - ISSGA

O obxectivo deste documento do ISSGA é difundir e sensibilizar a importancia da prevención de riscos laborais no sector vitivinícola coa presentación actualizada da documentación técnica sobre o traballo na viña, na que, dun xeito moi gráfico e visual, pódense identificar os riscos laborais e medidas preventivas asociados a este traballos que permitan tanto unha diminución da sinistralidade laboral como a mellora das condicións de traballo das persoas empregadas nese sector.

O sector vitivinícola galego, responde a un colectivo sometido a riscos de especial interese por canto o seu persoal traballador está exposto a circunstancias asociadas tanto ás formas tradicionais de produción coma as formas de traballo derivadas das importantes innovacións tecnolóxicas que se teñen producido no sector, e que poden ser causa potencial de accidentes ou de enfermidades profesionais.

Neste documento inclúense os riscos presentes nas tarefas realizadas nas viñas, dende a preparación do terreo aos tratamentos ás cepas e que rematará nunha fase posterior de recolleita da uva. 

Neste fase do proceso vitivinícola, que se desenvolve durante case todo o ano,  son moitos os riscos laborais aos que están expostas as persoas traballadoras, destacando os derivados do traballo no exterior e á intemperie (exposición solar e calor, frío e humidade), o uso de equipos de traballo (tractor, apeiros, rozadoira, motoserra, aramios..) ou de produtos fitosanitarios así como os trastornos musculoesqueléticos e a manipulación de cargas.

Ligazón ao documento Prevención de riscos na viña. ISSGA 2025

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS