Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Os traballadores da hostalaría presentan un maior risco de consumo de drogas

23-05-2013 - SAÚDE

Un equipo do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERES) estudaron o consumo de alcohol e outras drogas na poboación activa do estado español.

Un equipo do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERES) estudaron o consumo de alcohol e outras drogas na poboación activa do estado español.

Os autores seleccionaron os 15.000 participantes en idade ocupacional que cumpriron a Enquisa Domiciliaria de Alcohol e Drogas en España de 2007, elaborada polo Plan Nacional sobre Drogas.

Tras a análise dos datos puideron determinar que o 3,4% da poboación activa española presenta un consumo de alto risco de alcohol (máis de 30 gramos ao día para as mulleres e máis de 50 para os homes).

Ademais, un 2,3% recorre diariamente aos tranquilizantes e somníferos, preto do 8% consumira cannabis nos últimos 30 días e o 12% consumiu outras drogas ilegais no último ano.

A hostalaría é o sector máis vulnerable ás drogas, aínda que con diferenzas entre sexos. Mentres nos homes se aprecian as maiores prevalencias no consumo excesivo de alcohol (7,8% dos traballadores) e de cannabis (15,9%), nas mulleres detéctase un maior aumento no consumo de cannabis (7,4%) e doutras substancias ilegais (o 11% das empregadas en hostalaría recorreu a este tipo de drogas no último ano, fronte ao 18% dos seus compañeiros masculinos).

Pola contra, os traballadores cun menor risco de consumo elevado de alcohol son os profesores e o persoal sanitario e administrativo, mentres que o cannabis e as drogas ilegais son máis frecuentes na construción.

O traballo tamén analiza as diferenzas entre categorías profesionais e desvela, por exemplo, que o consumo de alto risco de alcohol é significativamente máis elevado entre os directivos e profesionais masculinos (6,7%) que entre os traballadores manuais cualificados (4,9%) e non cualificados (5,3%).

No caso das mulleres, as únicas diferenzas entre categorías observáronse no cannabis e outras drogas ilegais: as traballadoras non cualificadas consumen menos (3,5% e 6,2% respectivamente) que as directivas e profesionais (4,1% e 8%).

Por último, obsérvase que a situación laboral inflúe no consumo. Os hipnosedantes, o cannabis e outras substancias ilegais son máis frecuentes entre os homes no paro, mentres que no caso das mulleres, o desemprego aumenta en 1,7 o risco de consumo diario de tranquilizantes e somníferos.

Así, o 21% dos desempregados coqueteou con algunha droga ilegal no último ano (fronte ao 14% dos traballadores), mentres que o consumo diario de hipnosedantes se estende ao 5% das mulleres sen emprego, dobrando practicamente a porcentaxe de traballadoras.

Con estes datos, os autores queren reivindicar o centro de traballo como un lugar axeitado para desenvolver actividades de prevención sobre o consumo de substancias aditivas.

Referencia bibliográfica:

Fernando G. Benavides et al. "Consumo de alcohol e outras drogas no medio laboral en España". Gac Sanit 2013; 27: 248-53.

 

Fonte: Gaceta Sanitaria

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS