Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Os profesionais sanitarios, 'líderes' en accidentes laborais graves

19-04-2013 - SINISTRALIDADE

Os empregados en actividades sanitarias suman 4 mortes nos dous primeiros meses de ano, e son líderes en accidentes graves e leves ' in itinere' Os sanitarios son os profesionais que máis accidentes graves de traballo acumularon durante os dous primeiros meses de 2013, 65 en total entre xaneiro e febreiro, 39 durante a xornada laboral e 26 ' in itinere ' segundo destaca o primeiro avance do ano da Estatística de Accidentes de Traballo (EAT) elaborada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Dun total de 87 sectores de actividade laboral, o sanitario é o segundo con maior número de accidentes graves con baixa durante a xornada, por detrás da Agricultura, e o primeiro en accidentes graves en tránsito.

Estes datos reflicten que un de cada dez contratempos graves rexistrados entre o total de traballadores españois (644 en xaneiro e febreiro) corresponde ao sistema sanitario.

En accidentes leves con baixa (71.095 en total), a sanidade ocupa o terceiro posto con 4.501 incidentes, por detrás de Administración pública e defensa (6.694) e comercio polo miúdo (5.180). Deses 4.501 contratempos leves en profesionais sanitarios, 3.223 foron detectados durante a xornada laboral, cuarto sector con maior incidencia por detrás dos 3.563 da agricultura, os 4.114 do comercio polo miúdo e os 5.797 de Administración pública e defensa.

Sanidade, 'grazas' á atención domiciliaria, é líder en accidentes leves en tránsito: 1.109 sanitarios sufriron un contratempo leve durante un desprazamento que implicou baixa laboral nos dous primeiros meses de 2013.

Respecto aos sinistros, 4 profesionais sanitarios perderon a vida entre xaneiro e febreiro, 2 durante a xornada laboral e 2 en tránsito. A táboa de sucesos (105 en total) encabézaa o sector do transporte terrestre, con 11 falecidos.

 

Fonte: redaccionmedica.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS