Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Os problemas de traballar con ruído

10-07-2014 - Hixiene

Ao redor do 35 por cento dos traballadores cre que o nivel de ruído ao que están sometidos no seu lugar de traballo é molesto, sendo a industria e a construción os sectores máis afectados por problemas auditivos. Todos nos enfrontamos a ruídos dende que nos levantamos ata que nos deitamos. Comezamos o día cun espertador que xera máis de 80 decibeis. Despois na rúa enfrontámonos ao ruído dos coches e motos, asubíos, berros, etc; que en xeral soben a niveis de máis de 90 decibeis. O ruído é un dos contaminantes máis invasivos. Unha exposición prolongada sen a protección adecuada pode levar a provocar trauma acústico, unha lesión no oído interno.

O limiar de audición sitúase por baixo dos 90 decibeis; a partir dese nivel atópase o limiar tóxico e máis de 120 decibeis pode causar danos no sistema coclear.
A exposición a ruídos superiores aos 85-90 decibeis durante varias horas ao día pode provocar danos irreversibles nos oídos.
De feito, exporse durante máis dun minuto a máis de 110 decibeis pode levar a unha perda de audición permanente.


A 100 decibeis, os profesionais recomendan non exporse sen protección durante máis de 15 minutos.


Na contorna laboral, un empregado dun aeroporto soporta máis de 120 decibeis cando despegan os avións e un traballador que utiliza un martelo pneumático exponse a 130 decibeis.

Obreiros industriais, mecánicos de taller, traballadores da construción, a minería e a industria en xeral, e condutores de vehículos son os profesionais máis afectados por problemas auditivos debido á súa exposición ao ruído.


Ademais de provocar fatiga, falta de atención e estrés, pode ser causa de accidente laboral (rotura do tímpano) e de enfermidade profesional (hipoacusia ou xordeira laboral), segundo recoñece o real decreto sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra riscos relacionados coa exposición ao ruído.


Esta normativa obriga ao empresario a tomar medidas por encima dos 80 decibeis. O control fronte ao ruído é a mellor maneira de manter a audición.

No entanto, en 2012 (últimos datos dispoñibles), só foron declaradas 16 enfermidades profesionais por xordeira, das que 12 correspondían a empregados da industria manufactureira.


Estas cifras demostran que non existe relación entre o número de traballadores expostos a elevados niveis de ruído e o número de enfermidades profesionais declaradas, debido á vez que se tarda en diagnosticar a xordeira e ao longo proceso burocrático.

Fonte: efeverde.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS