Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Os pescadores que limparon vertido do ‘Prestige’ tiñan en 2008 doenzas respiratorias

20-06-2012 - SAÚDE

Os pescadores que participaron na limpeza do petróleo vertido na catástrofe do Prestige –que tivo lugar hai case dez anos, en novembro de 2002– continuaron sufrindo problemas respiratorios cinco anos despois do sinistro.

 

Así o reflicten os resultados finais do estudo realizado polo Centro de Investigación en Epidemioloxía Ambiental (Creal) liderado polo investigador Jan-Paul Zock.

O informe fai fincapé na importancia de regulacións internacionais e dunha supervisión permanente dos traballadores que participan nos labores de limpeza de verteduras de petróleo.

 

 

Os investigadores conclúen que a prevalencia de síntomas respiratorios –que inclúen sibilancias/ asubíos, dificultades para respirar e tose– diminuíron lixeiramente nos mariñeiros galegos entre 2004 e 2008, excepto entre aqueles que participaron nas tarefas de limpeza da vertedura.

Zock advirte de que “hai un risco de síntomas respiratorios persistentes, sobre todo nos casos de participación prolongada e/ou falta de máscaras”.

 

Fonte: galiciae.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS