Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Os administrativos, os que máis accidentes sofren “in itinere”

21-06-2012 - SEGURIDADE

O colectivo de traballadores administrativos é o que máis accidentes laborais sofre “in itinere”, segundo se formulou hoxe en Ávila, nunha xornada de prevención de riscos laborais centrada nos accidentes de tráfico no traballo, organizada polo Servizo Público de Emprego de Castela e León, Mutua Universal e a Dirección Xeral de Tráfico.

Os accidentes “in itinere” son aqueles que se producen ao ir ao traballo, pero tamén os denominados “in misión”, é dicir, os que suceden no desenvolvemento da propia xornada laboral.


Neste sentido, segundo indicou a Efe o xefe da Oficina Territorial de Traballo de Ávila, Francisco Muñoz Retuerce, a xornada desenvolveuse tendo en conta un estudo realizado no ano 2010, que mostrou que os accidentes “in itinere” supuxeron un 11,8 por cento do total dos accidentes laborais acontecidos no Estado español ese ano.


O 71,6 por cento deses accidentes foi de tráfico, unha cifra á que se sumou o 8,3 por cento de accidentes acontecidos durante a xornada laboral.


Ademais, o 34,8 por cento dos accidentes laborais con resultado de morte no ano 2010 correspondeu tamén a accidentes de tráfico, de modo que "a principal causa" dos accidentes laborais foi o tráfico.


É máis, un 22 por cento deses accidentes foi "grave", segundo Muñoz Retuerce, quen destacou que o colectivo que máis se viu afectado polos accidentes laborais “in itinere” foi o dos administrativos e, ademais, en estradas secundarias.

 


Fonte: finanzas.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS