Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Obrigas e criterios xerais de prevención de riscos laborais que deben considerarse na promoción e execución de obras menores

02-02-2016 - Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo

En decembro do ano pasado o pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (CNSST) aprobou o informe "Análise da sinistralidade e as súas causas en obras menores". Os datos incluídos no devandito informe permiten establecer unha asociación entre os accidentes graves e mortais en obras menores, e a falta de cumprimento por parte das empresas contratistas sobre as súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais (PRL). Así mesmo, segundo a CNSST, denótase unha insuficiente implicación dos promotores na integración da PRL na fase de concepción e contratación dos traballos, o que pode supor, entre outros aspectos, a selección de empresas con insuficiente estrutura e xestión preventivas para executar os traballos.

Así pois faise preciso incrementar a sensibilización das empresas que promoven e executan de xeito habitual  obras menores, en relación ás obrigas e criterios xerais que deben seguir en materia de prevención de riscos laborais.

 Ver nota informativa adxunta da CNSST.


Documentos

NOTA INFORMATIVA Obras Menores_ CNSST.pdf
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS