Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O reparto a domicilio incrementa os accidentes de tráfico laborais

04-12-2019 - Seguridade

Segundo as conclusións do I Observatorio da Sinistralidade Vial Laboral, obsérvanse incrementos da sinistralidade vial laboral na hostelería entre un 5% e un 7% superiores á media, derivados do aumento das empresas de reparto de comida a domicilio, así como a crecente presenza de vehículos de dúas rodas (motos, bicis e patinetes) nos sinistros que se producen durante a xornada laboral ou nos traxectos de ida ou volta do traballo.

As cifras deste observatorio engaden que estes accidentes laborais de tráfico mortais disparáronse un 10% respecto ao ano anterior. Sinalan igualmente, que o sector da hostalería é o que conta cun maior índice de incidencia (traballadores accidentados por sinistros de coche cada 100.000 ocupados). En concreto, os expertos falan de ao redor de 530 accidentados da hostalería durante a súa xornada de traballo por cada 100.000 traballadores fronte a 400 no caso dos transportistas. A incidencia media dos accidentes de tráfico durante a xornada é de 352 sinistrados por cada 100.000 traballadores.
A implicación dos vehículos de dúas rodas prodúcese xa no 27% dos accidentes laborais de tráfico durante a xornada e no 18% dos desprazamentos ao posto de traballo ou ao domicilio.  Entre os sectores que teñen máis accidentes laborais de tráfico, o da restauración lidera os sinistros durante os traxectos e os transportistas os que se producen durante a xornada. Os sinistros de tráfico están tamén detrás do 40% dos accidentes laborais moi graves do pasado ano; do 26% dos graves; e do 13% dos leves. Así, a metade das incapacidades permanentes  causadas o pasado ano por un accidente laboral foron causadas por un sinistro de tráfico. Outra mostra da gravidade destes accidentes é tamén que supoñen máis días de baixa: entre 34 e 37 días de media fronte ás 28,8  do resto de sinistros laborais.
Fonte. Cincodias

     

    Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
    Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
    Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS