Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

O po de sílice libre entra no cadro de enfermidades profesionais

02-10-2023 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 28. LEMBRA

No Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social, establécense criterios para a súa notificación e rexistro, contendo o cadro de enfermidades profesionais actualmente vixente no sistema da Seguridade Social.

                                                                                   VISUALIZACIÓN FORMATO BOLETÍN

Acontece que continuamente estanse a producir importantes avances nas investigacións, progresos no ámbito científico e por ende na propia medicina, permitindo un mellor coñecemento dos mecanismos de aparición dalgunhas enfermidades profesionais e da súa vinculación co traballo.

O citado Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro, contén a listaxe de enfermidades profesionais no Anexo 1 e se inclúe como Anexo 2 a lista complementaria de enfermidades cuxa orixe profesional se sospeita e cuxa inclusión no Anexo 1, como enfermidade profesional, podería contemplarse no futuro.

Tendo demostrado as evidencias científicas que o po respirable de sílice libre, que pode adoptar a forma cristalina, é susceptible de provocar cancro de pulmón, e debido a que no Anexo 2, grupo 6, co código C601, inclúense as enfermidades provocadas por axentes carcinóxenos non incorporadas noutros apartados anteriores, procedeuse a modificar o Anexo 1, incluíndo como enfermidade profesional o cancro de pulmón en traballos expostos á inhalación de po de sílice libre.

Os retrasos na súa inclusión

Vai xa tempo que se sabe (máis de tres anos) e é coñecido que o po de sílice libre é unha substancia canceríxena, a pesares do cal e fundamentalmente por presións das organizacións empresariais veu retrasándose a súa inclusión no Real Decreto 1299/2006, de Enfermidades Profesionais (EEPP).

Non é xustificable que se dende principios do ano 2014 coa publicación do informe “Exposición laboral ao po de sílice cristalina“, a evidencia científica na que se sustenta esta decisión está irrebatiblemente acreditada e contrastada, se tardase dende entón nada menos que tres anos en publicarse o Real Decreto 257/2018, do 4 de maio, polo que finalmente procedeuse a modificar o Real Decreto 1299/2006, para así incluír no mesmo o po de sílice libre como substancia causante de cancro de pulmón en determinadas profesións.

En calquera caso resulta necesario chamar a atención sobre o feito de que, aínda que os valores límite á exposición ao Po de sílice xa constan na Guía de límites de exposición profesional para axentes químicos de 2018, publicada polo INSSBT, inexplicablemente a día de hoxe segue a botarse en falta a súa necesaria incorporación ao Real Decreto 665/1997, sobre a protección dos/as traballadores/as contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, dado que as referencias contidas na Guías non son preceptivamente de obrigado cumprimento.

Actividades sectoriais de referencia

Deseguido procedemos a enumerar as actividades coas que se relaciona a posibilidade de desenrolar cancro de pulmón como consecuencia da exposición ao po de sílice cristalina libre:

A protección dos/as traballadores/as fronte ao po

A protección dos/as traballadores/as fronte ao po vén regulamentada na Orde ITC 2585/2007, pola que se aprobou a Instrución Técnica Complementaria (ITC) 02.0.02 de protección dos/as traballadores/as contra o po en relación coa silicose nas industrias extractivas, e na que se estabelece:

a)      A inclusión no Documento sobre Seguridade e Saúde (DSS) dun plan de control da exposición dos/as traballadores/as ao po.

b)      A realización de 3 medicións ao ano por cada un dos postos de traballo nos que exista risco de exposición ao po. Permítese a solicitude de redución de número de mostras a unha anual, nos casos nos que as tres últimas medicións, para un mesmo posto, arroxen resultados por debaixo do 50% do valor límite.

Os valores límite estipulados de exposición diaria (VLA) son os seguintes:

A Orde ITC 101/2006, de 23 de xaneiro, pola que se regulamenta o contido mínimo e a estrutura do Documento sobre Seguridade e Saúde para a industria extractiva, estabelece a obriga de pór de manifesto que se identificaron os perigos nos lugares e postos de traballo (neste caso exposición ao po) e que se avaliaron os resultados das medicións do po nestes postos.

Documentos

ARTIGO 4 BOLETÍN GALEGO 28.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS