Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

O impacto do traballo en plataformas dixitais no sector sanitario e asistencial

07-03-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O presente documento ofrece datos sobre os riscos e oportunidades, en materia de seguridade e saúde no traballo, que comporta o traballo no sector das plataformas dixitais, e as súas conclusións aspiran a servir de axuda aos responsables políticos e ás plataformas á hora de abordar e xestionar as necesidades das persoas traballadoras, así como a reforzar os sistemas sanitarios no conxunto da UE.

O sector da saúde e a asistencia social, que emprega aproximadamente ao 10 % da man de obra total de moitos países da UE, enfróntase a diversos retos en materia de seguridade e saúde no traballo.

A dixitalización e a introdución do traballo en plataformas contribuíron á transformación do sector, creando novos riscos e oportunidades para o benestar físico e psicosocial das persoas traballadoras.

Este documento detalla factores esenciais que deben estar no punto de mira dos responsables da formulación de políticas, en particular a diversidade da man de obra, a prevalencia das mulleres (80 %) e unha serie de acordos laborais no sector.

Ligazón ás conclusións e recomendacións do documento de debate “Traballo en plataformas dixitais no sector da saúde e a asistencia social: implicacións para a seguridade e a saúde no traballo”. (En inglés)

Ligazón á sección web sobre o traballo en plataformas dixitais da EU-OSHA

Ligazón á sección temática sobre Saúde e Asistencia Social da EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS