Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O ictus sufrido por unha traballadora no seu día libre considerado accidente laboral

21-06-2018 - Sentenza

A sentenza, emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía recoñece como accidente laboral o ictus sufrido por unha empregada de fogar no seu día de descanso. A sentenza considera determinante o feito de que a traballadora vivía no mesmo domicilio que a parella de anciáns que coidaba, non existindo separación entre o seu lugar de residencia e o seu lugar de traballo.

Así mesmo a sentenza indica que é preciso engadir as características do traballo que se realiza, pois aínda que a empregada se atope nos seus períodos de descanso, está suxeita "a unha permanente dispoñibilidade, dependendo das continxencias as veces imprevisibles que poidan xurdir". O Tribunal considera que carece de todo sentido imaxinar que estando no domicilio a coidadora deixara de procurar as atencións e coidados  que precisaran os anciáns aos que asistía "polo mero feito de ser domingo".

Se considera este suposto "plenamente extrapolable" cun caso no que se avaliaba a caída sufrida por un mariñeiro mentras vía unha película no buque en tempo de descanso. Neste litixio, que chegou ao Tribunal Supremo, o accidente foi declarado como laboral.

Nos dous casos se presenta a distinción entre o tempo de traballo e a xornada efectiva de traballo. O segundo concepto presenta limitación, pero o tempo de traballo preséntase como ilimitado "ao existir a posibilidade de que en calquera momento teña que ser prestada a efectiva actividade laboral".

A resolución conclúe que o ictus padecido pola traballadora produciuse en lugar e tempo de traballo ou, como mínimo, nunhas condicións que gardan íntima conexión co traballo, polo que se considera accidente de traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS