Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O amianto responsable do cancro de esófago

23-01-2019 - SENTENZA

O Tribunal Supremo confirma que a exposición ao amianto está na orixe da morte, consecuencia dun cancro de esófago, dun ex traballador dunha empresa de fabricación de fibrocemento, un dos principais derivados do asbesto, situada en Castelldefels e na que traballou durante máis de 20 anos.

O traballador dedicábase á fabricación de fibrocemento, un dos principais derivados do asbesto. Transcorridos case cinco anos desde o seu falecemento, o Supremo desestimou o recurso interposto pola compañía Uralita, que absorbeu a histórica empresa Rocalla de Castelldefels.

Con anterioridade a esta sentenza pioneira do Supremo, o Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) xa resolvera que a enfermidade do traballador falecido tiña a súa orixe na exposición continuada ás fibras de asbesto presentes no seu lugar de traballo.

A sentenza do alto tribunal é transcendente porque considera que, a pesar de que o baremo de enfermidades profesionais non establece explicitamente unha relación de causalidade entre o amianto e a patoloxía da vítima, o amianto si é causante de cancro de esófago.

Unha vez certificado que o cancro de esófago é unha enfermidade profesional, a Seguridade Social está obrigada a elevar a pensión da viúva do traballador ata o 52% da base reguladora.

A anterior resolución do TSJC ratificaba unha sentenza previa do Xulgado Social 3 de Barcelona en idéntico sentido. Aínda que admitía que o traballador estivo exposto a outros factores de risco de desenvolver cancro de esófago como os seus 26 anos de tabaquismo a un ritmo de paquete diario, precisaba que esa adicción non é unha causa senón que se limita a actuar como efecto multiplicador nas enfermidades derivadas de inhalación de asbesto.

A sentenza establece que o feito de que o cancro de esófago non figure entre as patoloxías que o cadro de enfermidades profesionais "non é un argumento suficiente en si mesmo" para descartar que teña unha orixe laboral.

A resolución acredita a existencia de "evidencia científica suficiente" que sitúa ao amianto na orixe de diversas formas de cancro, entre as que se inclúe o de esófago. "E outros procesos malignos que afectan órganos como o colon, o estómago ou a larinxe", engade a sentenza

Ademais, insta os tribunais e ás entidades xestoras da Seguridade Social dos diferentes estados da Unión Europea (UE) a que teñan en conta "os coñecementos actuais e os criterios científicos contrastados para avaliar se se ha de considerar ou non unha patoloxía como enfermidade profesional".

O avogado do Collectiu Rolda que levou o caso, considera que a decisión do Supremo é "dunha importancia capital". O autor da demanda lembra que, segundo datos facilitados pola UE, España é "o país que menos casos de asbestosis e cancros provocados por exposición laboral ao amianto recoñece". "Un informe de Eurogip sinala que, entre 1980 e 2003, en Alemaña recoñecéronse 51.582 casos de enfermidades profesionais, mentres que en España só foron 406 no mesmo período de tempo, isto é, 127 veces menos", lamenta o avogado.

Fai só catro meses o TSJC condenou a Uralita a indemnizar con 112.000 euros a un antigo traballador pola morte da súa esposa a consecuencia da súa exposición ás fibras de amianto. A muller morreu dun mesotelioma provocado pola exposición ás fibras de amianto que impregnaban a roupa de traballo do seu marido. Ela encargouse da limpeza do uniforme laboral do home durante 30 anos, o tempo que el traballou en Rocalla antes de xubilarse. A muller morreu en 2016.

O titular do Xulgado Social 1 de Barcelona considerou probado que a inhalación das fibras de amianto producíase por contacto coa roupa do seu marido. A muller inhalábaas durante o proceso de limpeza da roupa de traballo contaminada, un traballo que estaba obrigada a asumir a empresa.

Fonte: elmundo.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS