Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O PVC sanitario, nocivo para a saúde

31-03-2015 - Hixiene

O PVC, emprégase con asiduidade en diversos dispositivos médicos (como bolsas para infusión intravenosa, catéteres, dispositivos para nutrición enteral, …), así como en instalacións (pisos, alfombras, ventanas), guantes, batas ou cortinas, debido fundamentalmente ás súas propiedades físicas e ao reducido do seu custo. Este material expón aos pacientes a residuos nocivos durante o seu uso e é fonte de contaminantes perigosos durante a súa fabricación e eliminación, segundo se sinala dende a organización “Health Care Without Harm” (Saúde sen Daño).

O PVC produce dioxinas durante a fabricación e a eliminación, carcinóxenas para os humanos; está composto por cloruro de vinilo monómero (VCM) e dicloruro de etileno (EDC); o VCM é un potente carcinóxeno e o EDC unha neurotoxina e fonte de producción de dioxinas. O PVC é ríxido, para ser empregado en dispositivos médicos, abrándase con ftalatos como o DEHP, substancia que engadida aos plásticos incrementa a súa flexibilidade.  Os estudos realizados en animais, xunto cos estudos en neonatos humanos, amosan que o DEHP pode ter efectos adversos sobre a reproducción masculina, os pulmóns, os riles ou o fígado.

Centros de saúde de diversos estados desenvolvidos están a substituír estos productos, sobre todo os que conteñen DEHP(Di-etilhexil ftalato),  por outros alternativos como os que resultan do emprego de polímeros naturais flexibles, elastómeros termoplásticos ou polifenilenéter modificado.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS