Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

O Ministerio de Defensa indemniza as familias de dúas vítimas por exposición ao amianto

13-12-2017 - Amianto

O Ministerio de Defensa recoñece en dúas resolucións que “creou unha situación de risco” ao expoñer as dúas vítimas á inhalación dun material tóxico como o amianto. Segundo o bufete que tramitou as denuncias, estas resolucións reiteran que o amianto estaba presente tanto nos buques como nas propias instalacións da Armada, sen que por parte da Administración militar chegase a adoptarse medida algunha de seguridade.

A primeira resolución, determina unha indemnización económica de 135.000€, en concepto de dano moral aos herdeiros dun Capitán de Navío que ingresou no Corpo Xeral da Armada en 1.950 ata que pasou a retiro por idade en 1996. Eran tarefas propias da súa categoría a supervisión das reparacións que se realizaban nos buques nos que estivo destinado. A coonsecuencia da exposición, foille diagnosticado un adenocarcinoma pulmonar no ano 1998, falecendo meses despois sen que se recoñecese a súa doenza como de orixe profesional. A segunda resolución, recoñece unha indemnización de 130.000€ para os herdeiros dun Alférez da Armada que ingresou no Corpo Xeral da Armada en 1.954 ata que pasou a situación de reserva no ano 1.991. Durante a súa traxectoria profesional, traballou sempre como especialista mecánico a bordo de distintos buques. Derivado da exposición ao amianto, foille diagnosticado un mesotelioma pleural maligno sarcomatoide en febreiro de 2.015, falecendo en abril do mesmo ano.

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS