Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

O INSS ven de recoñecer a enfermidade profesional por exposición a tóxicos a un traballador que xa faleceu.

30-06-2015 - Hixiene

A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social en Gipuzkoa recoñeceu a enfermidade profesional tras o falecemento de Mohamed B.A., por EPOC e insuficiencia respiratoria severa, engrosamentos nodulares, pleurais e cancro de pulmón. O traballador faleceu con 67 anos o pasado 11 de Outubro, tras 20 anos de traballo na fabricación de ladrillos refractarios, e logo de estar exposto a un intenso ambiente pulvíxeno e varías substancias cancerígenas nese período laboral.

Mohamed B.A. comezou a traballar en 1970 en Refractarios Aristegi, máis tarde AMR Refractarios e ao último en KROSAKI ocupando diferentes postos nos muíños, fornos e prensas, ata que en 1990 se lle deu a incapacidade permanente total, que por agravamento se transformou en 2008 en incapacidade permanente absoluta. O INSS concedeu ambas as dúas incapacidades por enfermidade común, ignorando a orixe da enfermidade respiratoria, a pesares de ter esta un evidente carácter profesional.

Tras a súa morte iniciaronse os trámites para o recoñecemento da enfermidade profesional e a mellora da pensión de viuvez e orfandade, pensións que tras este recoñecemento se verán incrementadas.

O propio INSS requiriu a Osalan, Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral, a elaboración do informe, constatándose neste que o traballador estivo no seu traballo exposto a po inerte, po de sílice, formaldehido, volátiles de alcatrán, po de carbón e feluxe, asociando esta exposición á enfermidade pola que faleceu.

No informe recálcase que nos anos 70 e 80, o po e ruído no ambiente de traballo superaban os valores límites legais e que a empresa non realizaba avaliacións de contaminantes químicos, nin de po de sílice. Os postos de traballo sofrían un ambiente contaminante xerado polos vapores de alcatrán de brea liquida coa que se impregnaban os ladrillos, e pola exposición ao formaldehido que se daba nas prensas manuais e automáticas.

Asemade, na empresa non se realizaban medicións do cromo, material que tamén é canceríxeno., nin se tiveron en conta as expòsicións ao amianto dalgúns lugares de traballo, ate tal ponto que a empresa non se rexistrou no RERA, nin incluíu aos seus traballadores no plan de vixilancia postocupacional .

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS