Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Novo accidente laboral no sector galego da conserva

03-08-2016 - ACCIDENTE LABORAL

Unha traballadora de 50 anos de idade sufriu na tarde noite do luns 27 de xuño un accidente laboral nunha fábrica conserveira de O Grove, o que obrigou ao seu traslado en estado grave ao hospital provincial de Montecelo na cidade de Pontevedra. Alí foi intervida de urxencia e os médicos tiveron que amputarlle o antebrazo, que quedara completamente esmagado e irrecuperable como consecuencia do accidente

A traballadora estaba a piques de rematar a súa quenda cando a máquina que manexaba esmagoulle completamente o brazo, dende a man ata o cóbado, tendo que ser rescatada polo Servizo Municipal de Emerxencias de O Grove, cuxos efectivos aplicáronlle vendaxes compresivos ata a chegada da ambulancia do 061 que a trasladou ao centro hospitalario pontevedrés.

Este accidente é un máis dos múltiples accidentes laborais que se están a rexistrar nos últimos tempos na comarca de O Grove, na que no ano 2015 incrementouse a sinistralidade laboral nun 2% respecto do 2014; supoñendo este tipo de accidente grave o terceiro dos acontecidos en menos dun ano.

Segundo as estatísticas elaboradas polo ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) a partires dos datos obtidos dos partes de baixa rexistrados , a comarca de O Salnés pechou 2015 cun total de 790 accidentes laborais, xunto a 93 casos máis en Catoira, Valga e Pontecesures.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS