Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Novas profesións do mundo online traen consigo novos riscos laborais

17-04-2013 - SAÚDE LABORAL

Cada vez son máis os profesionais que se dedican ao mundo online; deste modo nos últimos anos vimos nacer novas profesións que xurdiron como consecuencia da revolución das novas tecnoloxías e o mundo online.

Deste modo, a fatiga visual, os problemas cardiovasculares e trastornos musculoesqueléticos xunto con trastornos endócrinos como consecuencia do sedentarismo ao cal se enfrontan este tipo de profesionais, adoitan ser os principais factores de risco das novas profesións.

Xunto a estas doenzas, engádese unha nova e probablemente a máis frecuente e perigosa dende o punto de vista de saúde mental e estrés: a dependencia aos dispositivos electrónicos e unha permanente necesidade de estar conectados que afecta á capacidade de concentración do individuo e dificulta a conciliación entre vida laboral e persoal.

O feito de estar permanentemente conectado inflúe negativamente en aspectos esenciais da vida laboral, familiar e social do traballador. Este presenta síntomas de estrés e malestar psicolóxico como fatiga, insomnio, ansiedade... No ámbito laboral prodúcese illamento e diminución do rendemento, a comunicación interpersoal vólvese deficiente, dificúltase o traballo en equipo... a dispoñibilidade vólvese excesiva de xeito de maneira que o traballo acaba interferindo nas relacións familiares e sociais.

Así pois, non se goza dos momentos de descanso, descóidanse as tarefas domésticas, pérdense lazos afectivos, diminúese o interese polas actividades extra laborais, en definitiva un distanciamento afectivo e social. Unha vez o traballo invade a vida privada as persoas vólvense máis propensas a sufrir enfermidades e accidentes diminuíndo así a súa calidade de vida.

Con respecto aos trastornos musculoesquléticos, son moitas as novas doenzas que se observan neste tipo de profesionais dende a xa coñecida síndrome do túnel carpiano como consecuencia do uso continuo do rato ata novas doenzas físicas producidas como consecuencia das sobrecarga ás que se ven sometidas as articulacións co uso de teclados móbiles e teclados táctiles.

Por último cabe destacar o feito de que a maioría destes traballadores transcorren a súa xornada laboral sentados fronte a un ordenador polo que o sedentarismo, factor determinante dun bo número de enfermidades cardiovasculares e endócrinas e causante principal do sobrepeso, é outro dos principais factores de risco aos que se someten os profesionais do mundo online.

Medidas preventivas

Fomentar a práctica de deporte no centro de traballo, informar sobre riscos ergonómicos, concienciar sobre a importancia de "desconectar" puntualmente son só algunhas das principais medidas que poden implementarse para previr os riscos asociados a estas novas profesións.

 

Fonte: equiposytalento.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS