Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Nova condena a Izar nunha demanda por amianto

13-03-2013 - AMIANTO

O Xulgado do Social número 2 ten condenado a Izar, a sociedade en liquidación que sucedeu a Astano na titularidade do estaleiro público ferrolano, nun caso de amianto. A maxistrada Ana Fernández Valentí condena a Izar Construcións Navais en Liquidación, S. A., porque se mantén viva, pero en proceso de liquidación. O asunto corresponde a unha sentenza pola demanda dun antigo traballador do estaleiro de 69 anos actualmente, que formulou unha reclamación pola enfermidade que sofre como consecuencia da súa exposición ao amianto durante os anos de actividade. Ingresou na antiga Astano no ano 1963 e permaneceu ata 1966.

Posteriormente, ata 1972 estivo nas contratas Lorente, Talleres Industriais Navais, Reparacións Navais, Innaval e Palmar.

O traballador realizaba as funcións de tubero e como tal retiraba e colocaba amianto nas conducións de calor dos barcos (nos anos 60 aínda se utilizaba este material profusamente pola súa gran capacidade illante).

Para desenvolver as súas tarefas contaban con máscaras de papel, incapaces de parar a entrada de partículas de amianto nos pulmóns.

No ano 1977 decláraselle unha incapacidade permanente total derivada de enfermidade común. No 2002 asiste á consulta de pneumoloxía, onde se lle diagnostica afectación de pleura relacionada coa exposición ao asbesto (amianto) con engrosamento, placas e pleura aguda.

A sentenza establece que si sofre unha afectación de amianto e fixa unha indemnización de 14.500 euros.

 

Fonte: lavozdegalicia.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS