Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Nota informativa conxunta sobre o Transporte de Residuos

05-10-2020 - Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

O transporte profesional de residuos refírese a empresas que realizan, como actividade principal, o transporte de residuos por encargode terceiros, e tamén o transporte que realizan as empresas no marco da súa propia actividade profesional, como uns dos labores que realiza de forma habitual, aínda que non sexa a súa actividade principal.

Esta Nota é meramente orientativa e redactouse coa finalidade de informar aos usuarios sobre a necesidade de aplicar tanto a normativa de transporte de residuos como a do transporte de mercadorías perigosas. En ningún caso esta nota deberá considerarse como texto normativo de obrigado cumprimento, sendo en todo caso aplicable a lexislación vixente en materia de transporte de residuos e de transporte de mercadorías perigosas.

O transporte profesional de residuos é unha actividade de xestión de residuos, que está sometida a control e vixilancia por parte das autoridades competentes en materia de residuos.

A Lexislación aplicable é:

Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e chans contaminados

Real Decreto 553/2020, do 2de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

Regulamento (CE) nº1013/2006 do Parlamento Europeo e do Consello do 14 de xuño de 2006, relativo aos traslados de residuos.

Regulamento (CE) nº 1418/2007, do 29 de novembro, relativo á exportación, con fins de valorización, de determinados residuos enumerados nos anexos III ou III A do Regulamento (CE) nº1013/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, a determinados países aos que non é aplicable a Decisión da OCDE sobre elcontrol dos movementos transfronteirizos de residuos.

O transporte profesional de residuos refírese a empresas que realizan, como actividade principal, o transporte de residuos por encargo de terceiros, e tamén o transporte que realizan as empresas no marco da súa propia actividade profesional, como uns dos labores que realiza de forma habitual, aínda que non sexa a súa actividade principal. Un exemplo de transportistas sería o dun xestor de residuos cunha instalación de tratamento asociada que dispón dunha frota de camións para recoller e transportar residuos á súa instalación ou a outras instalacións. Ademais das autorizacións pertinentes que requiriría como xestor de residuos debería de inscribirse tamén como transportista de residuos.

Ligazón á Nota informativa conxunta sobre o Transporte de Residuos, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Ligazón á sección sobre lexislación medioambiental de RESIDUOS da nosa páxina web.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS