Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

No Estado, a metade dos negocios de hostalería non teñen un plan de prevención de riscos laborais

24-09-2015 - XESTIÓN PREVENTIVA

Un dos problemas do crecemento que se prevé para a hostalería durante os próximos meses é a falta de formación en prevención laboral de moitos dos traballadores eventuais. Segundo datos de Prevención, só un 52% dos locais de hostalería e restauración do Estado ten un plan de prevención de riscos laborais con formación adecuada para evitar accidentes e lesións.

No Estado hai uns 300.000 locais de hostalería, (270.000 son bares, cafeterías ou restaurantes e 30.000 hoteis e colectividades). O sector da restauración e aloxamentos representa o 7,5% do PIB, move un volume de negocio duns 130.000 millóns de euros e dá emprego a 1,5 millóns de traballadores.

Un dos problemas do crecemento que se prevé para a hostalería durante os próximos meses é a falta de formación en prevención laboral de moitos dos traballadores eventuais. Segundo datos de Prevención, só un 52% dos locais de hostalería e restauración do Estado ten un plan de prevención de riscos laborais con formación adecuada para evitar accidentes e lesións.

Segundo datos do INHST en canto a enfermidades profesionais a máis frecuente no sector hostaleiro son a síndrome do túnel carpiano, que representa o 40,7% das lesións ou enfermidades en servizos de aloxamento e o 42,7% en servizos de restauración. Cada ano hai uns 35.000 accidentes con baixa neste sector, un 31% dos cales son no sector de servizos de aloxamento e o 69% restante nos servizos de comidas e bebidas. Os accidentes de tráfico representan o 7% dos accidentes laborais do sector.

Os accidentes laborais máis frecuentes en ambos os subsectores son por sobreesforzos ou posturas forzadas (30%), por golpes producidos por resbalones e caídas (27%), por cortes ou picadas (22% dos accidentes en restauración) ou por queimaduras ou contacto eléctrico (8%). Nos últimos meses produciuse un repunte dos accidentes: de xaneiro a abril contabilizáronse 9.026 sinistros, un 9,1% máis que no pasado ano. Así mesmo, o 58% dos traballadores de hostalería están preocupados pola posible perda do seu traballo, o que contribúe a aumentar a súa tensión.

Outro tipo de accidentes ou enfermidades de quen traballa no sector hostaleiro son estar expostos a cambios bruscos de temperaturas, intoxicacións e queimaduras por produtos tóxicos e corrosivos, exposición a contaminantes biolóxicos, lesións auditivas por excesiva presión acústica, tensión laboral por sobrecargas de traballo, etc.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS