Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Móvete! E reduce o sedentarismo na oficina

28-12-2018 - ISSGA

Campaña dirixida a que os traballadores e traballadoras adquiran unha serie de hábitos e pautas saudables para reducir o sedentarismo no traballo fomentando un estilo de vida máis saudable e, polo tanto, un emprego de calidade. Propón 12 hábitos saudables para que cada mes se incorpore ao estilo de vida de cada persoa un deles co obxectivo de que ao final do ano se consiga ter normalizado durante a xornada laboral as 12 pautas que reducen o sedentarismo.

A través desta iniciativa repartiranse 6.000 exemplares dun cartel no que se recollen 12 hábitos saudables para facer menos sedentario o traballo de oficina e 4.300 exemplares dun calendario/semanario. O material informativo repartirase tanto en centros de traballos privados como na Xunta e no resto de administracións públicas.

As 12 pautas son as seguintes: descansar do traballo con ordenador intentando levantarse cada 30 minutos; facer pausas activas dedicando un momento para realizar unha camiñada intensa e subir escaleiras; rotar tarefas intercambiando hábitos que se facen sentados con outros que se poidan facer de pé; adquirir novos hábitos levantándose para saudar as visitas ou coller o teléfono; elixir o camiño máis longo para ir a outra sala ou ao baño; levantarse e falar directamente en persoa, evitando o teléfono ou o correo electrónico; usar as escaleiras en lugar do ascensor; beber máis auga e facelo de pé; facer as presentacións ou charlas de pé e suxerir reunións de pé ou camiñando; poñer a impresora e a papeleira lonxe do escritorio; moverse mentres se espera para entrar nunha reunión ou se usa a fotocopiadora; aproveitar os descansos para levantarse e facer estiramentos sinxelos. Segundo salientan os expertos, está demostrado que os hábitos se adquiren aos 21 días da súa repetición.

A iniciativa forma parte da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo que a través de 6 obxectivos estratéxicos e 163 medidas busca reducir a sinistralidade laboral e consolidar a cultura preventiva no tecido empresarial e nos traballadores/as co fin último de mellorar as condicións de seguridade e saúde

Ligazón ao material da campaña

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS