Luvas de protección para salóns de peiteado23-10-2026 - INSSTNas ctividades como as de salón de peiteado, barbaría, manicura e pedicura faise uso de produtos cosméticos presentados en forma de xeles, emulsións, cremas e líquidos que poden presentar na súa composición ingredientes clasificados como axentes químicos perigosos para a saúde que, tras o uso continuado polos profesionais do sector, poderían causar efectos prexudiciais. A adecuada selección e utilización de luvas de protección é unha das medidas preventivas clave para reducir o risco por contacto con estes axentes. | ![]() |
|---|
Este tríptico elabórase co fin de concienciar e promover o uso de luvas de protección adecuados no sector dos salóns de peiteado por tratarse dun sector afectado frecuentemente por problemas dérmicos.
Os compoñentes comunmente presentes nos produtos cosméticos usados nos salóns de peiteado non están contemplados na norma que estabelece os requisitos das luvas de protección fronte a produtos químicos. Con todo, a norma específica UNE‑EN ISO 374‑6:2025 incorpora, xunto a outros requisitos, ensaios de resistencia á permeación fronte a unha serie de produtos químicos, que son ingredientes representativos do sector, mellorando así a protección dos profesionais.
Ligazón ao tríptico Luvas de protección para salóns de peiteado. INSST 2026