Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Laboratorio de prevención de riscos laborais no sector agrícola

21-02-2014 - SAÚDE LABORAL

Almería contará co primeiro laboratorio-observatorio de prevención de riscos laborais no sector agrícola andaluz froito dun convenio de colaboración entre o Instituto Andaluz de Prevención de Riscos Laborais, adscrito á Consellaría de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego, e á Universidade de Almería.

O centro únese á rede de laboratorios-observatorios de prevención, pioneira en Europa, cuxo obxectivo fundamental é ser órganos de estudo e análise permanentes dos riscos profesionais en Andalucía e entidades de referencia para todos os axentes implicados na cultura preventiva.

Entre as actividades que ten previsto realizar destaca a análise permanente da repercusión nos traballadores das condicións de traballo específicas do sector agrícola como a exposición a produtos fitosanitarios ou o traballo baixo plástico, entre outros, ademais do deseño de recomendacións e protocolos en prevención de riscos específicos, para facilitar a prevención de riscos a traballadores e empresarios e a identificación de riscos emerxentes.

Ademais, o laboratorio abordará outras actividades de divulgación coa posta en marcha dun boletín periódico sobre ergonomía agrícola, e centrarase na supervisión e coordinación de proxectos de investigación de excelencia neste campo e a transferencia de resultados ao sector produtivo andaluz.

O centro dedicado á prevención de riscos únese á rede de laboratorios-observatorios especializados na investigación, desenvolvemento e innovación sobre diferentes aspectos da prevención de riscos laborais, en colaboración coas universidades andaluzas, a comunidade científica, ademais de expertos e profesionais do mundo da prevención.

REDE COMPLETA

Esta rede xorde co obxectivo de investigar sobre os novos riscos e métodos de prevención derivados dos cambios do mercado laboral, con fenómenos como a feminización e o envellecemento dos traballadores, a aparición do estrés, a depresión ou o acoso no traballo, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e saúde da poboación andaluza e o desenvolvemento dunha mellor xestión preventiva das empresas.

Esta rede de laboratorios especializados na investigación, desenvolvemento e innovación sobre aspectos relativos á prevención de riscos laborais confórmano xa tres centros: o laboratorio de Riscos Psicosociais de Xaén; o dedicado ás enfermidades profesionais, situado en Huelva, e o laboratorio observatorio de condicións do traballo dende a perspectiva de xénero, en Córdoba.

 

Fonte: EuropaPress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS