Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Guía para avaliar o risco e a prevención en atmosferas explosivas no sector da madeira

13-07-2022 - ACTUACIÓN PREVENTIVA

Este estudo ten como obxectivo servir de ferramenta para identificar o maior ou menor perigo do po xerado na transformación da madeira na industria. Este po é capaz de xerar o que se coñece como atmosferas explosivas (ATEX), o cal sucede cando existen substancias inflamables que, mesturadas co aire e en condicións atmosféricas, poden acenderse se entran en contacto cunha fonte de ignición e a combustión propágase á totalidade da mestura.

Coñecer en profundidade as características do po que inflúen no seu perigo respecto á formación de atmosferas explosivas permite axudar aos profesionais da industria da madeira e aos técnicos de prevención, para que se tomen as medidas de prevención adecuadas.

Nesta guía van establecer que parámetros e condicións resultan determinantes na clasificación dos distintos tipos de po en función da súa probabilidade para provocar unha explosión. Deste xeito, será posible tomar unha mostra de po, analizar as súas características e determinar se xerará ou non unha atmosfera explosiva nunhas condicións concretas.

Para iso realizáronse probas de explosividade, determináronse temperaturas de ignición en nube e en capa (TMInube e TMIcapa), e concentracións mínimas de ignición, leváronse a cabo ensaios calorimétricos (TGA e DSC) e tomáronse imaxes mediante microscopía electrónica de varrido, con cámara lenta e tamén con cámara termográfica. Con todos estes datos estableceuse que as características máis importantes das que depende que se produza ou non a formación dunha atmosfera explosiva son o tamaño medio das partículas do po dunha mostra, a súa humidade e a súa estrutura microscópica.

Con este traballo achéganse distintos gráficos e táboas que permiten coñecer o perigo do po de madeira facilitando a avaliación de riscos na industria e servindo como complemento do Documento de Protección Contra Explosións, de forma que sexa posible reducir a sinistralidade e así evitar danos tanto persoais como materiais.

Ligazón á Guía para avaliar o risco e a prevención en atmosferas explosivas no sector da madeira

Autores: Francisco Javier Hoyuelos Álvaro, Alba Santamaría Herrera, Carlos Casado Marco. Universidade de Burgos, 2022

Ligazón á Guía práctica ATEX MADEIRA

Con axuda desta guía será máis sinxelo determinar de maneira práctica se nunha situación concreta existe un risco de explosión pola presenza de po de madeira.Para o desenvolvemento deste documento traballouse nos laboratorios da Universidade de Burgos simulando atmosferas con po de madeira, mediante a realización de numerosos ensaios en múltiples condicións diferentes. 

Autores: Francisco Javier Hoyuelos Álvaro, Alba Santamaría Herrera, Carlos Casado Marco. Universidade de Burgos, 2022

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS