Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Guía de boas prácticas preventivas para a xestión dos riscos laborais no transporte de mercadorías por estrada

23-11-2023 - UMIVALE ACTIVA-SUMA INTERMUTUAL

Con esta guía preténdense dar a coñecer os principais riscos laborais das actividades desenvolvidas no sector do Transporte de mercadorías por estrada e servizos de mudanza (CNAE 494), achegando unha serie de medidas preventivas fronte aos mesmos co obxecto de contribuír a reducir a sinistralidade neste sector.

O documento recompila os principais riscos do sector transporte e enlázaos con propostas preventivas concretas. Identifica riscos específicos da actividade como caídas ao mesmo ou distinto nivel, golpes, atropelos, sobreesforzos, exposicións a vibracións, ruído, temperaturas extremas ou substancias nocivas ou tóxicas. Tamén adica un apartado aos riscos relacionados coa condución e outros que afectan directamente á saúde dos condutores como a fatiga, o sedentarismo, unha alimentación e hidratación inadecuada e os riscos psicosociais.

Ligazón á Guía de boas prácticas preventivas para a xestión dos riscos laborais no transporte de mercadorías por estrada.

Fonte: UMIVALE ACTIVA-SUMA INTERMUTUAL

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS