Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Factores de risco psicosocial e riscos asociados no sector do transporte por estrada

12-05-2022 - INSST

Este documento aborda cuestións relevantes para a prevención dos riscos psicosociais no ámbito laboral no sector do transporte terrestre por estrada e, de forma especial, na principal actividade asociada ao sector que é a condución de vehículos

O documento estrutúrase en dous bloques: o primeiro, de carácter xeral, é no que se enmarca o sector no seu conxunto e descríbense os factores de risco psicosocial máis comúns e as principais consecuencias para a saúde ás que poden dar orixe e algunhas medidas preventivas que son xerais a todo o sector do transporte; o segundo, estruturado en cinco partes, cada unha das cales corresponde a unha actividade de condución específica, no que se recollen os aspectos psicosociais máis importantes de cada actividade: transporte colectivo por estrada (autobuses), taxis, transporte sanitario por estrada (ambulancias) en canto ao transporte de viaxeiros refírese (transportes especiais no caso das ambulancias), transporte de mercadorías (camións) e mensaxería, paquetería e cargas menores.

Ligazón ao documento Factores de risco psicosocial e riscos asociados no sector do transporte por estrada

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS