Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Exposición a productos químicos nos salóns de manicura

05-01-2018 - Axencia Francesa de Alimentación, Medio Ambiente e Saúde e Seguridade no Traballo

Segundo un extenso informe publicado pola Axencia Francesa de Alimentación, Medio Ambiente e Saúde e Seguridade no Traballo (ANSES), as profesionais que traballan en salóns de manicura, case todas mulleres, están expostas a ao redor de 700 substancias diferentes, 60 das cales se califican como "de gran preocupación", por estar clasificadas como carcinóxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reproducción, sensibilizanetes e/ou estar inscritas como posibles perturbadores endocrinos, e 90 como "preocupantes". As investigacións foron levadas a cabo en salóns de manicura da área de París entre xullo de 2015 e outubro de 2016.

As patoloxías máis frecuentemente diagnosticadas neste grupo son as afeccións cutáneas, principalmente as dermatites alerxicas de contacto, as afeccións das vías respiratorias, principalmente asma, as cefaleas, os transtornos musculo-esqueléticos, posturas prolongadas y movementos repetitivos de man, boneca ou  antebrazo.
En mais da metade dos casos, a patoloxía diagnosticada está relacionada coa exposición a metacrilatos, presentes en xeles e resinas, cuia presencia no ambiente de traballo foi confirmada nas medicións realizadas neste estudo. Esta campaña de medidas tamén puxo en evidencia a presencia de  compostos orgánicos semivolátiles, algúns dos cales son substancias reprotóxicas ou neurotóxicas.

No informe critícase a relativa eficacia dos medios de prevención empregados, como os colectores de succión e as máscaras ou luvas empregadas ​​como barreira contra o po: "Ainda que as máscaras cirúrxicas poden axudar a previr a propagación de xérmenes, non ofrecen protección contra os vapores, e moi pouca ou ninguna protección contra partículas finas. Así mesmo, a Axencia recomenda que os empregadores do sector traballen na substitución dos productos máis perigosos, na formación das traballadoras/es expostos sobre os riscos derivados do emprego destes compostos e as medidas preventivas a adoptar e na mellora dos protocolos de vixilancia da saúde.

Ligazón ao texto do informe (en francés)

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS