Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros

10-11-2021 - IGUALDADE

O “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros II”, ten por obxectivo xeral identificar, analizar e propoñer unha serie de medidas preventivas e recomendacións prácticas en materia de PRL, como continuidade do estudo realizado no 2020, para axudar á integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros de Galiza e promover a eliminación dos factores de desigualdade.

A publicación, dirixida a empresas armadoras e tripulación dos buques de pesca, técnicos/as de prevención de riscos laborais e outros/ as profesionais do ámbito da seguridade e saúde no traballo, axentes económicos e sociais e calquera persoa interesada neste tema, propón e concreta unha serie de medidas e recomendacións, dende o punto de vista da seguridade, a saúde laboral e a igualdade, que axudarán a implantar a integración do factor xénero nas actuacións preventivas no sector en xeral e nos buques de pesca en particular, contribuíndo así a mellorar a seguridade e as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras, independentemente do seu xénero, e evitar as desigualdades a este respecto na saúde laboral, a sensibilización e concienciación nesta materia de todos os actores e axentes vinculados, directa ou indirectamente, ao ámbito do mar e da prevención de riscos laborais.

Entre as medidas e recomendación propostas destacan as seguintes:

•           Maior concienciación e sensibilización en igualdade e perspectiva de xénero na sociedade en xeral e no sector da pesca, coa finalidade de impulsar, a través de campañas de sensibilización, un cambio de mentalidade nestas dúas esferas e que o traballo nos buques de pesca non se vexa como unha actividade soamente para homes.

•           Posta en valor do traballo da muller nas actividades da pesca extractiva e normalizar a súa presenza no sector, realizando actuacións para difundir e visibilizar ás mulleres que están a traballar nos buques de pesca, recoñecer o seu traballo e reivindicar o seu papel nestas profesións.

•           Pautas para integrar a perspectiva de xénero na xestión da prevención de riscos laborais nos buques de pesca, como realizar a avaliación de riscos laborais e adopción de medidas preventivas considerando o factor xénero; integrar na información e formación en materia de PRL o enfoque de xénero, así como deseñar os postos, equipamento e mobiliario nos buques de pesca adaptados ás características  antropométricas da persoa traballadora que o vaia a ocupar, sexa home ou muller, e seleccionar e adaptar os equipos de protección individual (EPIs).

•           Mellora do contido da caixa de primeiros auxilios, incluíndo novos medicamentos dirixidos á tripulación feminina e aumentar a cantidade doutros para axustalos á vez que dura a campaña de pesca ou tendo en cuenta o lugar onde está localizada a base do buque.

•           Mellora da vixilancia da saúde dende o enfoque de xénero.

•           Adaptación estrutural dos aloxamentos e instalacións sanitarias dos buques pesqueiros para lograr a intimidade das persoas traballadoras e facilitar unha mellor habitabilidade e convivencia.

•           Participación real e efectiva das mulleres na seguridade e saúde laboral no sector da pesca extractiva.

•           Propostas para a inclusión do factor xénero en estudos, medicións e outras actuacións en materia de PRL en xeral e no sector da pesca marítima en particular.

•           Apoio doutros instrumentos como son o Plan de Prevención, o Plan de Igualdade e a negociación colectiva, que poden axudar a paliar os factores de risco relacionados coa desigualdade de xénero e desenvolver medidas que garantan a igualdade efectiva entre homes e mulleres neste sector.

Ligazón ao “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros II”, -FUNDAMAR 2021-

Ligazón á Infografía 2021 -FUNDAMAR 2021-

Ligazón ao “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais e necesidades preventivas nos buques pesqueiros” –FUNDAMAR 2020-

Ligazón á Infografía 2020 -FUNDAMAR 2020-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS